Aberta a matrícula para o primeiro curso monográfico de cata no Museo Claustro Mercedario sobre as variedades de Monterrei Imprimir
Luns, 10 Setembro 2018 13:43

Logo UNEDA inscripción pódese formalizar online na páxina “Uned Ourense” para as clases dos días 5 e 6 de outubro.

A delegación da Uned en Ourense ven de abrir o prazo de inscripción para o primeiro dos cursos de cata do ciclo “De Monterrei ó mundo” que se celebrará en outubro no Museo Claustro Mercedario de Verín. Trátase de dúas xornadas monográficas sobre as variedades de uva e os mostos propios da D.O. Monterrei.

A primeira sesión docente celebrarase na tarde do venres 5 de outubro e na mañá do sábado 6, e estará impartida polos técnicos oficiais da DO Monterrei. Nela analizaranse as características organolépticas das variedades de uva autorizadas e preferentes da D.O., así como as características que confiren aos seus respectivos mostos.


O Museo Claustro Mercedario abre así o ciclo de cursos “De Monterrei ao mundo” centrados na cata profesional dos viños de Monterrei no contexto enolóxico global, que realizará ao longo de todo o ano en colaboración coa Uned e da Denominación de Orixe Monterrei.


Os cursos serán impartidos por destacados representantes do mundo da cata e sumilleres de recoñecido prestixio, como Luis Paadín, director da Guía de Viños de Galicia, e técnicos da D.O. Monterrei, entre outros expertos, e estarán centrados nas peculiaridades dos viños da comarca, pero tamén nas principais tendencias produtivas da enoloxía mundial.

A matrícula, de 15 euros, pódese formalizar xa na páxina de Uned Ourense, onde tamén se pode conultar o programa.

CONSULTA TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:


https://goo.gl/Nfdtkw

As restantes sesións, a desenvolver sempre en fin de semana ao longo de todo o ano serán as seguintes:

Novembro: Viaxe polas rexións vitivinícolas dos Grandes Brancos de Europa: Galicia & Chablis, Mâconnais, Mosel, Vouvray, Soave, Graves, Alsacia, etc.

Impartida por Luis & Alejandro Paadín, catadores do circuito internacional (Mundial de Bruselas, Cinve, Top Ten, Citadelles, Terra Vino, etc.).

Decembro: Champagne - CAVA & Escumosos de Galicia. Impartida por Luis Paadín e Alejandro Paadín, Campions de España de Embaixadores de Champagne, Formadores Homologados de Cava.

Xaneiro: Defectos dos viños. Impartido por duas enólogas, pendentes de confirmación).

Febreiro: Maceracións carbónicas: Beaujolais nouveau, Rioja Alavesa, Toro, Tacoronte, Bierzo, …Impartida por Luis & Alejandro Paadín, catadores del circuito internacional (Formadores D.O. Ca Rioja).

Marzo: Chardonnay do mundo, a uva máis viaxeira & Godello, a branca con alma de tinto. Impartida por Luis & Alejandro Paadín, catadores do circuito internacional (Mundial de Bruselas, Cinve, Top Ten, Citadelles, Terra Vino, etc.).

Abril: Cervexas artesanais de Galicia. Impartido por Javier López (experto en cervezas del mundo).

Maio: Brancos atlánticos, Galicia, Portugal, Asturias, Cantabria e país Vasco. Impartido por enólogo de Galicia (por determinar).

Xunio: syrah ou shiraz & brancellao ou albarello. Impartido por enólogo de Galicia (por determinar).