A Biblioteca de Verín presenta o ciclo de conferencias “Monterrei, 500 anos de teatro” Imprimir
Martes, 28 Maio 2019 11:45

Os vindeiros 30 e 31 de maio, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín acolle un ciclo dedicado á composición teatral realizada polos Xesuítas no convento de Monterrei.

Alonso de Zúñiga y Acevedo Fonseca, III Conde de Monterrei, funda e dota o Colexio da orden xesuíta na súa vila natal en 1555. Converténdose este o primeiro dos centros que tivieron os xesuitas en terras galegas, seguido nas décadas seguintes polos de Compostela (1578) e Monforte (finais do XVI).

No Colexio de Monterrei as representacións comezaron case no mesmo momento da inauguración do centro (constan datos dende 1558), como así consta que no curso académico 1561-62 “los gramáticos representaron un diálogo sobre la Penitencia, representando sus papeles convenientemente revestidos con los trajes que correspondían a sus personajes. La representación duró casi seis horas (…) sin ningún cansancio del auditorio y se tuvieron también otros diálogos compuestos por los mismos alumnos.”

A obra, titulada “Égloga de Vírgine Deípara” [=Égloga á Virxe Madre de Deus], é de indiscutible orixe galego indica no seu colofón que foi representada no ano 1581, o día da Concepción da Nosa Señora diante do V Conde de Monterrey, D. Gaspar de Acevedo y Zúñiga. A peza é efectivamente longa de prosa e verso, artificiosa e de desigual calidade, pero resulta de gran interese coma testemuño da existencia de teatro escolar en Galicia e coma precedente temático e lingüístico do Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (1671) de Gabriel Feixóo de Araúxo.

(Fonte: Julio I. González Montañés http://www.teatroengalicia.es/index.html)

 

Programa completo

Xoves 30 de maio: “Monterrei, cuna do teatro Xesuítico galego”. Conferencia de D. Julio Ignacio González Montañés.

D. Julio Ignacio Glez. Montañés, (Ferrol 1962),  licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago coas especialidades de Historia da Arte Antigo e Medieval e de Museoloxía. Profesor agregado de bacharelato dende 1987, desenrolou a docencia en diversos Institutos de ensino de Galicia e ea actualidade é profesor do Centro de Educación para Adultos de Pontevedra. Doutoramento cum laude en 2002 coa teses interdisciplinar na que analizaba as relacións entre o teatro e as artes plásticas na Idade Media peninsular (Drama e iconografía no arte medieval peninsular (séculos XI-XV), e desde entón orientou a súa laboura investigadora non só no eido da arte senón tamén no teatro e os espectáculos. Os froitos do seu traballo pode verse nos seus libros e na multitude de artigos que ten publicados.

Biografía completa e obra: http://www.teatroengalicia.es/biografia.htm

 

Venres 31 de maio: “Égloga de Vírgine Deípara”. Conferencia de D. Julio Alonso Asenjo

D. Julio Alonso Asenjo, (Sandoval de la Reina – Villadiego (Burgos),1942), realizou estudos universitarios na Universidade Gregoriana de Roma (licenciatura en Filosofía e Teoloxía, 1960-67) e no Instituto Bíblico de Roma (licenciatura e cursos de doutorado en Ciencias Bíblicas, 1968-1971), e estudos complementarios no Estudo Bíblico Franciscano de Xerusalén, 1971; pasando pola Universidade de Sevilla, Universidade Complutense de Madrid, e Licenciado en Filoloxía Hispánica na Universitat de València, 1980, doutorado co estudo e edición da Comedia de Sepúlveda, 1987. A súa laboura profesional estivo sempre no eido do ensino, xubilándose coma titular da Universidade de Valencia no departamento de filoloxía Española, participando en numerosos proxectos de investigación e en numerosas actividades académicas coma redactor de diversas revistas literarias especializadas. É autor de varias obras ao redor do antigo teatro humanístico e escolar hispánico.

Toda a súa biografía e obra: http://uv.academia.edu/JulioAlonsoAsenjo/CurriculumVitae