“X-MEN Fénix Oscura” no cinema municipal de Verín Imprimir
Luns, 03 Xuño 2019 13:36

Durante os días 7, 8 e 9 de xuño , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película X-MEN Fenix Oscura no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:


  • 07-06-19: 19:30 e  22:00 h

  • 08-06-19: 17:00, 19:30 e 22:00 h
  • 09-06-19: 17:00, 19:30 e 22:00 h

 

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

X-MEN FENIX OSCURA

Os X- Men enfróntanse ao seu inimigo máis poderoso: un dos seus membros, Jean  Grey. Durante unha misión de rescate no espazo, Jean case morre ao ser alcanzada por unha misteriosa forza cósmica. Cando regresa a casa, esa radiación fíxoa máis poderosa, pero moito máis inestable. Mentres loita coa entidade que habita no seu interior, Jean desata os seus poderes de formas que non pode controlar nin comprender. Jean cae nunha espiral fóra de control facendo dano a aqueles que máis ama e empeza a destruír os lazos que manteñen unidos aos X- Men. ( FILMAFFINITY)