Gran acollida na presentación do libro “Ficcionario” de Fran Guede Imprimir
Sábado, 08 Xuño 2019 12:34

O pasado venres 7 de xuño, Fran Guede presentou na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín o libro "Ficcionario", (texto de Fran Guede e ilustracións de Alberto Carballo), editorial Autografía. A obra está dirixida tanto a nenos e nenas e os seus pais e nais. O autor define a obra do seguinte xeito: «Ficcionario, naceu un día no que as verbas que atopaba no dicionario (guerra, fame, xenofobia...) non me gustaban, e decidín facer un que tivera unhas palabras máis fermosas.»

O éxito da presentación foi enorme, debido a calidade profesional do autor, Fran Guede, profesor do Colexio Amaro Refojo de Verín, chegando a ter a máis de 40 nenos e nenas xunto aos seus pais/nais, na biblioteca.

Esta presentación converteuse no colofón das actividades de Fomento á Lectura que organiza a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín no presente curso 2018/2019, que xa están a preparar a actividade de verán, Biblio-Piscina, que abrirá as súas portas por decimo primeiro ano consecutivo, sempre contando cos nenos e nenas Voluntarios da biblioteca.