Verín acolle a presentación da obra “La educación por escenarios”, de Víctor Arufe Imprimir
Martes, 11 Xuño 2019 13:31

O vindeiro venres 14 de xuño, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a  presentación da obra “La educación por escenarios” de Víctor Arufe ( editorial Educa), autor galardoado nos Premios Educa ao mellor docente de España no 2017.

Este volume ofrece oitenta e tres estratexias prácticas para traballar a educación dos cativos dende o primeiro ano de vida ata a súa madurez. Ideal para todas as familias, docentes e estudantes que desexen casos prácticos para traballar a boa educación, mellorando o benestar familiar, a participación social, emocional, física e psíquica dos nenos.

O autor considera que hai múltiples escenarios, tantos como espazos onde o neno actúa e interactúa con outros nenos e adultos. No libro se  recollen un total de 20 escenarios clasificados como habituais (aqueles onde o neno pasa máis tempo), ocasionais (aqueles onde se pasa menos tempo) e temporais (aqueles con unha data de inicio e fin determinada).

Cunha extensión próxima ás catrocentas páxinas, a obra aborda multitude de temas cruciais na educación dos nenos tales como: Temperamento, carácter e personalidade, Ética e moral, Educación en valores, Rutinas e horarios, Autonomía, paciencia, felicidade, responsabilidade, Uso de dispositivos móbiles, videoxogos, internet, etc, Horas de soño, Orde e limpeza, Educación para a lectura, descanso, soño, tranquilidade, Educación para a discreción, respecto, deberes,  coeducación, non violencia de xénero, Educación para hábitos saudables, Educación para a práctica deportiva, Amizades, arte e museos, imprevistos e adversidades na vida, Cohesión familiar, respecto animais, dereitos consumidor, entre outros.

Devandita presentación está organizada pola Biblioteca do Concello de Verín, en colaboración co CEIP Princesa de España.