Máis de 300 menores participan la ruta ciclista organizada no marco das Primeiras Xornadas de Educación Vial de Verín Imprimir
Mércores, 12 Xuño 2019 14:02

Hoxe pola maña, máis de trescentos alumnos de 5º e 6º de educación primaria pertencentes aos colexios María Inmaculada, Princesa de España e Amaro Refojo participaron na última actividade programada no marco das primeiras Xornadas de Educación Vial de #Verín.

Durante o percorrido do roteiro, os menores foron acompañados en todo momento pola Policía Local de Verín, membros da Garda Civil de Tráfico da nosa localidade e por por integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín.

Tamén estiveron presentes na saída oficial da ruta a coordinadora de educación vial da DXT en Ourense e membro activo das xornadas, Sinda Aguiar, e a concelleira de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín, Cándida Couñago.

Devanditas xornadas, que incluíron na súa programación talleres e charlas temáticas; un circuíto de educación viaria, coa presenza de vehículos oficiais das forzas de seguridade bombeiros e Cruz Vermella; e unha ruta ciclista, foron organizadas polo Club BTT Verín, en colaboración do Concello de Verín, a Dirección Xeral de Tráfico ( DXT), a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros, Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena.