BANDO: PREVENCIÓN DA SAÚDE PÚBLICA Imprimir
Luns, 28 Agosto 2017 11:30

GERARDO SEOANE FIGALGO, ALCALDE  PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE VERÍN (OURENSE)

FAGO SABER:

En cumprimento de prevención da saúde pública dos abonados do municipio de Verín, ponse en coñecemento de todos os usuarios que, como consecuencia das fortes choivas, a seca e o actual estado do terreo derivado dos últimos incendios, a auga de abastecemento non é apta para o consumo humano.


Nestes momentos, o persoal técnico responsable atópase buscando unha alternativa para recuperar o correcto funcionamento do sistema de abastecemento. Unha vez resolto o problema puntual de potabilidade comunicarase a todos os usuarios polo mesmo medio de información.