Enka Danza aterra esta fin de semana en Verín Imprimir
Luns, 28 Agosto 2017 12:47

O vindeiro sábado día 2 de setembro, ás 20:30 horas, Enka Danza - A Compañía representa no Auditorio de Verín o seu espectáculo de Danzas orientais, organizado por a REAOU (rede de auditorios provincial de Ourense) en colaboración coa Deputación de Ourense e o Concello de Verín.

Devandito espectáculo é de carácter gratuíto e apto para todos os públicos. As entradas podedense recoller no Auditorio de Verín,  partir do xoves 31 de agosto de 17:00 a 20:00 horas, e na xornada do sábado 2 de setembro, dende as 17:00 horas ata media hora antes do comezo da representación.

Enka Danza Compañía

A academia Enka Danza Oriental é sen dúbida, a referencia deste baile na cidade de Ourense. Son unha escola especializada en danzas orientais, un centro de excelencia de formación na danza e cultura árabe.