VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO 2017 Imprimir
Mércores, 30 Agosto 2017 10:37

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, un novo programa de voluntariado ambiental. Nesta ocasión NO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO

O programa desenvolverase en quendas de 5 días no que grupos de ata un máximo de 9 persoas voluntarias realizarán diferentes actividades no Parque Natural do Invernadeiro.

Quendas:
Do 11 ao 15 de setembro
Do 18 ao 22 de setembro
Do 25 ao 29 de setembro

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a indumentaria que leven debe ser axeitada ás actividades a realizar.
Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Formulario de inscrición