Entrega de Diplomas acreditativos da laboura aos voluntarios da Bibliopiscina Imprimir
Mércores, 30 Agosto 2017 11:47

O martes 29 de agosto, 20 voluntarios con idades entre os 11 e os 26 anos foron galardoados polas labores realizadas este verán no servizo da Biblio-piscina, cunha entrega de diplomas. Deste xeito quérese recoñecer toda a labor o entusiasmo e a dedicación dos nosos voluntarios, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina.

Como moitos outros sectores da comarca, a bibliopiscina viuse afectado este verán por as malas condicións meteorolóxicas que se produxeron en boa parte do mes de xuño. Aínda con isto, grazas ao tempo de xullo, e sobre todo da primeira semana de agosto, devandito servizo municipal acadou o millar de prestamos.


Este ano, ademais, o servizo da Biblioteca Municipal de Verín, situado no complexo das Piscinas Municipais de A Granxa, ofreceu de maneira gratuíta e para todos os públicos, dous contacontos ao longo do verán.

Os mesmos rapaces colaboraron na Bibliorúa, que como os anos anteriores saíu os días de feira de Xullo e Agosto para, entre outras cousas,  promover a venda o libro "Contos e Lendas do Val de Monterrei".