A auga de Verín volve ser apta para o consumo Imprimir
Mércores, 30 Agosto 2017 13:34

Esta mañá, o Concello de Verín recibiu un informe oficial de potabilidade emitido pola empresa responsable da rede de abastecemento municipal Espina y Delfín no que se confirma que, tras realizar os análises pertinentes, a auga volve a ser apta para o consumo.

Esta mañá, o Concello de Verín recibiu un informe oficial de potabilidade emitido pola empresa responsable da rede de abastecemento municipal Espina y Delfín no que se confirma que, tras realizar os análises pertinentes, a auga volve a ser apta para o consumo.

Antecedentes

Na tarde do domingo 27, unhas choivas  torrenciais provocaron o arrastre dunha gran cantidade de auga embarrada a través do arroio Fonte do Sapo, afluente do Támega, e procedente do arrastre de terra e cinza da zona de Queirugás, recentemente incendiada. Esta situación, unida ao baixo caudal do Támega, causou que a auga que abastece a potabilizadora convertésese  nunha masa de barro e aumentase a turbidez de maneira extraordinaria.

Na mañá do luns 28, e en cumprimento de prevención da saúde pública dos abonados do municipio de Verín, o Concello declarou mediante un bando que a auga non era apta para o consumo humano debido ao seu elevado valor de turbidez (superior a 20 NTU,  sendo o valor límite de 6 NTU).

Procedemento

Ao longo da tarde e noite do domingo 27 e da mañá do luns 28, o persoal de Servizo de Augas de Verín e o persoal técnico desprazado desde a Sede Central de Santiago de Compostela realizaron labores de axuste da planta potabilizadora. Paralelamente, o Concello de Verín procedeu á canalización de auga de mellor calidade cara á captación de abastecemento.

Desta maneira, a tarde do luns 28 xa se comprobou que a turbidez á saída do depósito era de 4,95 NTU  e, por tanto, a auga producida xa se atopaba dentro do rango de APTITUDE PARA CONSUMO HUMANO.

Por seguridade, o martes 29 e o mércores 30 volveuse a comprobar o valor de turbidez reafirmando de novo que a auga se mantén dentro da APTITUDE PARA O CONSUMO HUMANO, sendo os resultados: 3,20 NTU na saída do depósito e 0,20 NTU no punto de control de abastecemento.

Desde o Concello de Verín infórmase os cidadáns de que a maiores destes controis puntuais continuaranse realizando as analíticas de autocontrol de auga abastecida para asegurar a potabilidade da mesmo.