Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de estimulación cognitiva “Pon en forma a túa mente” Imprimir
Xoves, 31 Agosto 2017 11:13

A área de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o obradoiro de Estimulación Cognitiva “Pon en forma a túa mente”, que terá lugar a partir do 18 de setembro. Esta iniciativa, de carácter gratuíto, está enmarcada dentro do Programa “Envellece Comigo” da área de Maiores municipal.

Devandito curso, que se impartirá en diversas parroquias do Concello de Verín (Vilela, Tintores, Feces de Abaixo, Mandín, Tamagos, Tamaguelos), está destinado a persoas maiores e desenvolverase un día á semana en horario de tarde.


O obxectivo desta iniciativa é establecer, a través de diversas actividades, un espazo rico a nivel estimular onde as persoas maiores poidan adestrar as súas capacidades cognitivas coa finalidade de manter a mente activa, acción necesaria para mellorar a súa calidade de vida.

A inscrición pode formalizarse nos Servizos Sociais Comunitarios- Área de Maiores ou chamando ao número de teléfono: 988414776 en horario de 8:00 a 15:00 horas.