A Ludoteca -Campamento urbano de Verín despide a tempada con cinco xornadas de actividades variadas Imprimir
Xoves, 31 Agosto 2017 12:40

A ludoteca-campamento urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, pecha a súa tempada 2017 con cinco xornadas repletas de divertidas actividades variadas:

Venres 1 de setembro: SKATEPARK

Os rapaces do campamento urbano acudirán ao skatepark municipal para disfrutar dunha xornada de actividades deportivas con monopatíns, patinetes, patíns e bicicletas.

Luns 4 de setembro: FESTA PARA DESPEDIR AS NENAS SAHARAUÍS

MOILA, AGAILA E WAMBA, son tres nenas saharauís que estiveron disfrutando todo o verán do servizo da ludoteca- campamento urbano.  Serán despedidas polos seus compañeiros cunha comida e unha festa posterior no CEIP Princesa de España, a partir das 14:30 horas.

Para os máis pequenos haberá un obradoiro de primeiros auxilios, realizado coa colaboración da Cruz Vermella de Verín.

Martes 5 de setembro: GYMCANA MUSICAL

Os nenos do campamento urbano recorrerán as rúas de Verín onde, divididos por grupos, inventarán cancións que cantarán as persoas que se vaian encontrando polas rúas. Os máis pequenos  participarán nun obradoiro de música no que crearán diferentes instrumentos.

Xoves 7 de setembro: DERRADEIRA ACAMPADA NOCTURNA

Xogos, baile, canto e pinball con globos de auga darán forma a unha velada nocturna onde todos os nenos cearán, durmirán e almorzarán xuntos.

Venres, 8 de setembro: FESTA FINAL DA LUDOTECA-CAMPAMENTO URBANO

Como broche final,  os nenos da ludoteca – campamento urbano despedirán a tempada cunha festa de disfraces, moita música e unha comida.

Ludoteca- Campamento urbano

A Ludoteca – Campamento urbano é un servizo municipal destinado conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos. Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, rutas de sendeirismo, ou acampadas foron algunhas das actividades nas que puideron participar nesta tempada 2017 un total de 240 cativos.