O concello de verín organiza a primeira edición do encontro de convivencia familiar “Romaría viva” Imprimir
Luns, 25 Setembro 2017 10:27

O vindeiro sábado 30 de setembro, o Concello de Verín organiza, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, a primeira edición da “Romaría Viva”, un encontro de convivencia familiar gratuíto que terá lugar, a partir das 11:00 da mañá, na finca pertencente ao movemento Junior situada na Pousa. Este evento forma parte do conxunto de actividades que se van a programar incluídas dentro do novo plan de xuventude proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

“Romaría Viva” é un encontro familiar gratuíto no que se busca crear un espazo de convivencia no que pequenos e maiores poidan difrutar xuntos dunha divertida xornada de actividades de carácter lúdico, cultural, e formativo.

Actividades:

  • Xogos populares antigos.
  • Animación musical.
  • Obra de Teatro “Quen ben te quere non te fará chorar”.
  • Saída  ao campoImportancia do monte baixo-matorral e bosques de ribeira” para ver zonas queimadas nos últimos incendios, e as consecuencias directas do maltrato medioambiental.
  • Actuación de maxia a cargo do Mago “Chirleta” de Lucenza.
  • Plantación dunha árbore autóctona.
  • Actuación do grupo musical “Mala hora”.

Plan de Xuventude

O Plan de Xuventude, coordinado pola área de Mocidade do Concello de Verín -que dirixe  Diego Lourenzo Moura-  busca ofrecer á mocidade a posibilidade de empregar ou seu tempo de lecer en actividades de carácter lúdico, cultural, e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital dos menores e as súas familias.

+ INFO: T. 670 929 035