“IT” e “Spark. Una aventura espacial” no cinema municipal de Verín Imprimir
Luns, 02 Outubro 2017 11:01

Os días 6, 7 e 8 de outubro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “IT” e “Spark, una aventura espacial” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:






06-10-17:

IT: 19:00 e 22:00 H

07-10-17:

SPARK. UNA AVENTURA ESPACIAL: 17:00 

IT: 19:00 e 22:00 H

08-10-17:

SPARK. UNA AVENTURA ESPACIAL: 17:00

IT: 19:00 e 22:00 H


Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

SPARK UNA AVENTURA ESPACIAL. APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS, 88’

Spark e os seus amigos emprenderán unha viaxe para frear o avance do xeneral Zhong, que puxo o seu planeta en xaque cun plan maligno. (FILMAFFINITY)

IT. NRM 16 ANOS, 135’

Cando empezan a desparecer nenos no pobo de Derry (Maine), un cuadrilla de amigos lida cos seus maiores medos ao enfrontarse a un malvado pallaso chamado Pennywise, cuxa historia de asasinatos e violencia data de séculos. Adaptación cinematográfica da coñecida novela de Stephen King "It". (FILMAFFINITY)