O Concello de Verín forma a nenos e adolescentes sobre o uso responsable das redes sociais Imprimir
Sábado, 07 Outubro 2017 00:00

O vindeiro martes 10 de outubro, a partir das 10:00 horas, a experta en Coaching e Formación, Luz González Rivera, impartirá a charla “Quen ben che quere non che fará chorar” no Auditorio Municipal de Verín, que tratará con nenos e adolescentes cuestións relacionadas coas redes sociais, a súa orixe e o seu correcto uso. Esta actuación formativa enmárcase dentro do conxunto de actividades programadas dentro do novo Plan de Mocidade proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

Esta actividade, será impartida en dúas sesións. A primeira dirixida a nenos de 9 a 15 anos; e a  segunda, aos alumnos dos institutos verineses. O principal obxectivo destas charlas é dar a coñecer aos máis novos as diferentes posibilidades e beneficios que nos achegan as redes sociais así como os perigos, como pode ser o ciberacoso, aos que se expoñen se non se fai un uso responsable das mesmas.

Temario

-       Historia das redes sociais: 15 anos de idade.

-       Construción da marca persoal.

-       Importancia da sinal dixital.

-       Incertidume sobre o futuro das redes sociais.

-       Ciberacoso. Repercusión da violencia a través da pantalla.

O martes 30 de outubro, e tamén enmarcada dentro do Plan de Mocidade, Javier Talegón, Experto Universitario en Xestión e Conservación de Flora, Fauna e Espazos Protexidos, impartirá a charla “A posta en valor do medioambiente e dás nosas especies autóctonas”. Nesta xornada, Talegón ofrecerá a nenos e adolescentes unha presentación sobre diferentes temáticas (ecoloxía, bioloxía, conservación, anatomía, funcións ecosistémicas, etc.), un taller para coñecer ao lobo e abordará os mitos, realidades e beneficios económicos asociados ao medioambiente e  ou turismo natural.

Plan de Mocidade

O Plan de Mocidade, coordinado pola área de Mocidade do Concello de Verín -que dirixe  Diego Lourenzo Moura-  busca ofrecer á mocidade a posibilidade de empregar o seu tempo de lecer en actividades de carácter lúdico, cultural, e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para ou enriquecemento persoal e vital dos menores e as súas familias.