COMUNICADO: Loito oficial pola vaga de incendios que asolan Galicia Imprimir
Luns, 16 Outubro 2017 12:29

Dende o Concello de Verín queremos expresar a nosa máis profunda consternación pola voraz vaga de incendios intencionados que están a asolar Galicia.

Tamén queremos trasladar a nosa solidariedade ás familias e amigos das vítimas mortais e o resto dos afectados, e transmitir o noso máis sincero agradecemento, apoio e admiración a todos os profesionais que neste mesmo momento loitan sen pausa contra o lume.

O Concello de Verín, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, únese tamén aos tres días de loito oficial decretados polo Consello da Xunta de Galicia. Durante este tempo, as bandeiras da casa consistorial ondearán a media hasta e colocarase unha pancarta co lema "Non máis lumes” na fachada da mesma.