O VIII Festival de Teatro "Entreculturas" representa esta fin de semana en Verín as obras "Sganarello o cornudo imaxinario" e "Caixa pazpallo, caixa de k..." Imprimir
Mércores, 18 Outubro 2017 11:56

O próximo fin de semana, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación das obras de teatro “Sganarallo o cornudo imaxinario” do Grupo de Teatro Vai Avante, o día 21; e “Caixa Pazpallo, caixa do k...” do grupo de teatro Oreteiro, o día 22. Estas representacións están enmarcadas dentro da VIII edición do Festival de Teatro Entreculturas, organizado pola “Asociación para a Cultura e o Lecer: A Caixa de Pandora de Verín, en colaboración do Concello de Verín.

Para acceder a cada unha das obras teatrais, que terán lugar ás 20:30 horas, será necesario realizar unha achega de 3 euros que a asociación sen ánimo de lucro “La Caja de Pandora” destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos case 200 actores que participan no festival.


SGANARELLO O CORNUDO IMAXINARIO

O Grupo de Teatro Vai Avante pertence a Associação Social Recreativa e Cultural Bem Fazer Vai vante, São Pedro da Cova, Gondomar. A obra que representarán é un exemplo de teatro clásico escrita por Moliere no ano 1660. E unha farsa chea de enredos e sospeitas na que os personaxes pensan que as súas esposas, noivas ou parellas dedican todos os seus esforzos amatorios a outras persoas alleas a eles.

Encontros, desencontros, enredos amorosos, novos, vellos, homes, mulleres, guapos, feos... ¿A que nos levará todo isto?

“CAIXA PAZPALLO, CAIXA DO K...”

Por una caixa de aforros dunha vila calquera pasa moita xente, e non só para coller ou levar cartos. Historias que se contan, se viven, se sofren e se comparten. Unhas historias…!!!!

O grupo de teatro Oreteiro de Allariz volta á escena , cun novo traballo que coma sempre é o froito de non poucos esforzos e moitas horas de ensaio. O traballo deste ano é moi especial para eles xa que o guión é de creación propia , modelado por todo o grupo sobre unha base dun texto orixinal de Pepe ( tamén coñecido como POLDINO e ATRACADOR).