“Tu mejor amigo” e “Señor dame paciencia” no cinema municipal de Verín Imprimir
Luns, 16 Outubro 2017 00:00

Os días 20, 21 e 22 de outubro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Tu mejor amigo” e “Señor dame paciencia” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:



20-10-17:

TU MEJOR AMIGO: 19:30 H

SEÑOR DAME PACIENCIA: 22:00 H

21-10-17:

TU MEJOR AMIGO: 17:00  e 19:30 H

SEÑOR DAME PACIENCIA: 22:00 H

22-10-17:

TU MEJOR AMIGO: 17:00  e 19:30 H

SEÑOR DAME PACIENCIA: 22:00 H

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

TU MEJOR AMIGO. NRM 7 ANOS, 100’

Un can tenta descubrir o seu propósito na vida a medida que vai pasando por distintos donos. A través de diversas reencarnaciones como Toby, Bailey e Buddy, un mesmo can terá a oportunidade de vivir tres vidas distintas e así descubrir o propósito da súa existencia á beira dos humanos. (FILMAFFINITY)

SEÑOR DAME PACIENCIA. NRM 12 ANOS, 91’

Cando a muller de Gregorio, un banqueiro moi conservador, do Real Madrid e moi gruñón, falece repentinamente, este vese obrigado a cumprir a súa última vontade: pasar un fin de semana cos seus fillos e as súas respectivas parellas en Sanlúcar de Barrameda para esparcir as súas cinzas no Guadalquivir. Aquí é onde empezan os problemas para Gregorio, xa que a súa filla Sandra está casada con Jordi, un catalán moi culé ao que non soporta. O seu outra filla, Alicia, está a saír con Leo, un hippy anti-sistema ao que tampouco pode nin ver, e Carlos, o seu fillo pequeno, co que leva seis meses sen falarse desde que saíu do armario, preséntase co seu noivo Eneko, un vasco de orixe senegalesa. Esta viaxe multicultural poñerá a proba a tolerancia e a capacidade de perdoar dunha familia tan disfuncional como calquera outra, no que terán que aprender a aceptarse os uns aos outros, coas súas virtudes e defectos. (FILMAFFINITY)