"Thor Ragnarok” no cinema municipal de Verín Imprimir
Luns, 23 Outubro 2017 11:55

Os días 27, 28 e 29 de outubro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Thor Ragnarok” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:


27-10-17:

19:15 e 22:00 h

28-10-17:

16:30, 19:15 e 22:00 h

29-10-17:

16:30, 19:15 e 22:00 h

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

THOR RAGNAROK. 130’. Pendente de calificación por idades.

Thor está preso alén do universo sen o seu poderoso martelo e enfróntase a unha carreira contra o tempo. O seu obxectivo é volver a Asgard e parar o Ragnarok porque significaría a destrución do seu planeta natal e o fin da civilización Asgardiana a mans dunha todopoderosa e nova ameaza, a implacable Hela. Pero, primeiro deberá sobrevivir a unha competición letal de gladiadores que o enfrontará ao seu aliado e compañeiro nos Vengadores, o Incrible Hulk!. (FILMAFFINITY).