O Ministerio de Cultura ratifica á Biblioteca Municipal de Verín coma a mellor Biblioteca de España no 2017. Imprimir
Martes, 24 Outubro 2017 18:02

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, có seu proxecto "Voluntariado Cultural para o Fomento da Lectura"acaba de ser nomeada MELLOR BIBLIOTECA DE ESPAÑA, obtendo así a máxima puntuación dentro do Premio María Moliner 2017, por diante de todas as bibliotecas de España que participaron nesta convocatoria.

A Biblioteca Municipal de Verín, iniciou o citado proxecto hai xa 10 anos, cando comezou a realización de contacontos e manualidades, con aqueles nenos/as que acudían regularmente ás súas instalacións, converténdose isto nunha práctica habitual fora de calquera actividade esporádica. Aqueles nenos que comezaron, hoxe xa adultos, coas súas carreiras universitarias rematadas ou a piques de finalizalas, foron o inicio deste premiado proxecto, que fixo que as seguintes xeracións de rapaces quixesen ocupar o seu lugar e deste xeito ser unha constante habitual, que os nenos que son participantes nas actividades cheguen a converterse en actores principais.


Ao longo destes anos, foron máis de 500 actividades de fomento á lectura, onde tamén tiveron cabida, multitude de conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e coma non o servizo estrela do verán que é a Biblio-Piscina e Biblio-Rúa, servizos tamén atendidos polos Voluntarios da Biblioteca.

Textualmente o Ministerio de Cultura indica:

“Premio María Moliner al mejor proyecto de animación a la lectura a municipios de entre 5.001 y 20.000 habitantes, al presentado por la Biblioteca Pública Municipal del Concello de Verín (Ourense) por el proyecto Voluntariado cultural con chic@s para el fomento de la lectura. Se trata de un proyecto consolidado, que surgió hace nueve años y que ha convertido a la biblioteca en un referente cultural en la localidad, realizando un gran número de actividades variadas y de calidad gracias a la colaboración de jóvenes voluntarios. Destaca por su relación transfronteriza llevando las actividades de la biblioteca a aldeas cercanas de Portugal y por sus actividades intergeneracionales y con colectivos en riesgo de exclusión social.”