Verín converte o seu casco vello nun “Túnel do Terror” para celebrar o Samaín Imprimir
Mércores, 25 Outubro 2017 16:50

O Concello de Verín presentou hoxe a programación da terceira edición da “Noite de Medo”, que se levará a cabo o día 31 de outubro para celebrar o Samaín en Verín. Este ano, como novidade, o Concello de Verín converterá o Casco Vello da vila nun arrepiante “Túnel do Terror”.

O “Túnel do Terror” contará con dez personaxes temáticos que conducirán ao público a través das rúas Amaro Refojo (a entrada ao túnel será a altura do Bar Lugano) e Cruz, para terminar na Praza Maior. Ao longo do percorrido os participantes atravesarán diferentes espazos terroríficamente ambientados para a ocasión. Os efectos de luces , son , fume e neve non poden faltar nesta data...


Esta actividade contará con dous horarios diferentes, que permitirán diferenciar dous tipos de público: os máis novos e as súas familias pola tarde (19:00 a 21:00 horas) e o público adulto pola noite (00:00 a 2:00 horas).

Durante toda a xornada, a animación musical correrá a cargo da Discomóbil Son de la Nuit.