O Concello de Verín crea un novo parque biosaludable en Queirugás Imprimir
Luns, 30 Outubro 2017 12:57

O Concello de Verín acaba de culminar as obras de acondicionaminento dun novo parque biosaludable situado na rúa da Igrexa  da localidade de Queirugás. Cun investimento total de 9186,49 euros, este proxecto foi cofinanciado nun 49% (4.501,38 euros) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a traves dos fondos feader do *programa de desenvolvemento rural de galicia, dentro do pdr de galicia 2014-2020.

Dita actuación consistiu na aduqisición e instalación de 4 unidades de aparellos biosaludables para a práctica do ejercició físico (cintura, esquí, roda e banco con pedais) e as implementación de mobiliario urbano (dous bancos e unha papeleira).

O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, que visitou esta mañá o recentemente inaugurado parque biosaludable, quixo destacar a “importancia de dotar a todas as parroquias do municipio deste tipo de instalacións como alternativa de lecer”.

*SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 (APOIO PARA A REALIZACIÓN DE OPERACIÓNS CONFORME Á ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL) da MEDIDA LEADER  cofinanciadas nun 75% con fondos FEADER do programa de Desenvolvemento rural de Galicia, dentro do PDR de Galicia 2014-2020.