A Biblioteca do Concello de Verín asina un convenio coa Rede de Bibliotecas de Galicia Imprimir
Xoves, 11 Xaneiro 2018 15:30

Edificio Biblioteca A Biblioteca do Concello de Verín, a través da Concellería de Cultura, asinou un convenio coa Rede de Bibliotecas de Galicia, polo cal actualiza o seu programa de xestión e adaptase a normativa da Rede. Esto levará consigo que tódolos socios da nosa biblioteca terán acceso automáticamente aos fondos do resto das bibliotecas que forman a Rede de Bibliotecas de Galicia, ademais dunha máis doada interacción coa biblioteca dende a nova plataforma web https://catalogo-rbgalicia.xun ta.gal.

Esto implica que o servizo de préstamo verase afectado durante un tempo, dado que o persoal da biblioteca terase que centrar en reetiquetar todos os libros da Biblioteca, xerar os novos carnés de socios e publicitar a nova normativa.

A biblioteca permanecerá aberta, e o servizos de consulta, ordenadores, fomento á lectura e dinamización cultural (presentacións, conferencias, exposicións, etc...), van permanecer inalterados, sempre na medida do posible.

Dende a Biblioteca do Concello de Verín e a súa concellería, queremos pedirvos paciencia e disculpas por estes trastornos, pero é inevitable para o acceso ao novo programa de xestión.