Diego Lourenzo: “O éxito deste Nadal consolidounos como a capital cultural do sur da Galicia interior” Imprimir
Luns, 15 Xaneiro 2018 14:43

Emilia e Diego  -Preto de 12.000 persoas participaron nas actividades culturais e de ocio organizadas polo Concello de Verín nestas festas 

O primeiro balance da participación directa nas actividades do recente Programa de Nadal organizado polo Concello de Verín non pode ser máis satisfactorio para o Goberno local. Preto de 12.000 persoas participaron de xeito directo nas actividades lúdicas destas celebracións, destacando cuantitativamente os asistentes a pista de xeo da praza Maior, 4.067, e cualitativamente ,pola novidade, os cheos absolutos dos espectáculos do Auditorio, como a representación de “La Bella y la Bestia” e as restantes actuacións teatrais e musicais.

Estas cifras fan afirmar ó tenente de alcalde, Diego Lourenzo, que “este Nadal nos consolidou como a capital cultural do sur de Galicia, xa que poidemos constantar que veu xente dende o norte de Castela, dende Portugal e dende toda a provincia de Ourense para desfrutar da nosa programación”.

Concretamente, engadiu a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, para a representación do musical “La Bella y la Bestia” veu xente dende Puebla de Sanabria, o que “nos enche de orgullo por convertirnos nun referente cultural do sur de Galicia, ata máis alá de Galicia”.

Somoza destacou tamén os 300 asistentes no Auditorio o concerto gratuíto dos tenores do Concerto Lírico Pop, que viñeron dende Valencia, e que “consideramos un regalo do Concello para todas as veciñas e veciños de Verín amantes desta música”. 

Eficaz ferramenta de promoción

Cuantitativamente, a actividade que rexistrou maior participación foi a pista de xeo, instalada na praza Maior, pola que pasaron 4.067 patinadores, e que é saudada dende Aever como “unha eficacísima ferramenta de dinamización do comercio e a hostelería local, que temos que agradecer ó Concello”.

A seguinte actividade por número de participantes foi a Cabalgata de Reis, con 3.500 seguidores, e despois os sucesivos cheos do Auditorio: a obra de teatro “Un mal día”, aglutinou 400 persoas en dúas sesións, así coma a gala de Nadal da orquesta Nova Era, ou a actuación das “Burbullas 100%”, con outros 300.

A estas actividades engadíronslle os visitantes ás exposicións da Escola de Artes e Oficios, 500 persoas, e outras, como a do Museo dos Mercedarios, “Dionisos, 2000 anos de viño en Monterrei”, que redondeou no Nadal as preto de 6.000 visitas con que pechou as súas portas.

 Segundo Diego Lourenzo, este “éxito rotundo márcanos o camino a seguir dende o Concello de Verín: esta é unha vila ávida de cultura, que nos sitúa como un referente nas políticas cidadáns do sur de Galicia, polo que nos esforzaremos máis en diversificar e cubrir mellor aínda o eido de ocio e cultura que máis poboación en tempo libre pode fixar na vila, e mesmo traer a xente de fora”.