Verín leva o “Corredoiro” os seus maiores Imprimir
Sábado, 03 Febreiro 2018 19:52

Hoxe, a Residencia Santa María, celebrou o seu CORREDOIRO DOS MAIORES, festa de disfraces organizada pola Residencia de Anciáns Santa María coa colaboración do Concello de Verín, que estivo amenizada polo Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

O obxectivo desta iniciativa é que as persoas que participaron activamente dos carnavais nos seus anos de mocidade e vida adulta e agora están separados das súas familias e dos espazos de relación máis significativos nas súas biografías, manteñan viva a calor destes festexos populares e se sigan integrando neles, máis alá das súas limitacións persoais. A animación musical da xornada correrá a cargo da Banda do Conservatorio de Verín, que interpretaron un repertorio composto por medio centenar de temas bailables variados que bandas populares e orquestras de verbena popularizaron na segunda metade do pasado século.


Na festa estiveron presentes, en representación do goberno municipal, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; e as concelleiras de Turismo e Festexos, Purificación Caldelas e Emilia Somoza.