Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+ Verín do Lázaro 2018 Imprimir
Venres, 16 Febreiro 2018 14:30

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro, que terá lugar os días 17 e 18 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (Rúa Irmáns Moreno, s/n) – 32600 Verín (Ourense).

Poderán participar no evento expositores relacionados coa alimentación, agricultura e gandería e todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 28 de febreiro de 2018.

Horario de Funcionamento:



Sábado, 17 de marzo en horario de 10:00h a 14.00h e de 16:00h a 20:00h.

Domingo, 18 de marzo en horario de 10:00h a 14.00h e de 16:00h a 20:00h.

Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00h a 16:00h.


Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas  antes do 28 de febreiro de 2018

A Folla de Inscrición  e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:

a) Na Oficina do CDR Portas Abertas, na Rúa Mariano Carrero, nº 10, en Verín.

b) Por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase  aos participantes que coa súa firma na folla de inscrición, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguinte dirección:

Concello de Verín - Praza do Concello,  s/n 32600 Verín- Ourense.

A candidatura só será efectiva unha vez, que se realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento á organización (entregando fisicamente na oficina do CDR Portas Abertas ou enviándoo por correo electrónico).


Valor da inscrición:

Aluguer de stands (medidas únicas de 3x3m) 9m2 de espazo.

  • 70 € Participantes da Comarca Verín-Monterrei e participantes da Eurocidade Chaves-Verín
  • 90 € Resto de participantes


Aluguer de Mobiliario (opcional)

  • Mesa con 2 cadeiras 30 €
  • Estante con andeis (medidas: 1x2,50x0,50) 35 €
  • Mostrador (medidas: 1x1x0,50) 35 €


Formas de Pagamento:

? En efectivo (ingreso na sección de Tesourería do Concello de Verín – planta baixa)

? Transferencia bancaria: nº de conta ES70-0081-2224-97-0001005508 (BANCO SABADELL).

Importante indicar no CONCEPTO: AGRO + VERÍN 2018 e o Nome do Participante ou Stand


Distribución e Normas nos Stands

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos; e terán prioridade por orde de entrada da solicitude e pagamento efectivo.

A montaxe e decoración dos stands deberán ser realizadas ata ás 9:30 do sábado día 17 de marzo. A desmontaxe deberá ser realizado a máis tardar o luns día 19 de marzo ás 11:00 horas.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é responsabilidade dos/das ocupantes.

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, 15 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.

O/A participante non pode ceder a calquer título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

As paredes dos stands son en melanina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas.


Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.


Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.


A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.


A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.


A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando a posibilidade de devolución do importe satisfeito.


A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento

dalgunha das condicións de participación.


Datos de Contacto da organización do evento:

Para calquera aclaración adicional e información poderán contactar en:

CDR PORTAS ABERTAS

R/ Mariano Carrero, nº 23, Verín

Tlf. 988989508 – 988417232

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Persoa de contacto: Beatriz Fdez. Núñez


DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE INSCRICIÓN