Mostra fotográfica aérea “Entrenubes”, de Antonio Martín Vaz, na Sala de Exposicións de Verín Imprimir
Sábado, 17 Febreiro 2018 13:16

Desde o 20 de febreiro ata o día 14 de marzo , a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Momentos sen tempo”, exposición fotográfica aérea de Antonio Martín Vaz.

«O castelo de Monterrei é o gran Señor do Támega. Desde a súa posición privilexiada domina todo o val que se estende aos seus pés desde Laza ata Portugal. A súa imaxe inesquecible fai de faro durante a noite e de referente de día. Longos séculos de historia, de grandeza e decadencia, de reconstrucións e abandonos, de esperanzas e decepcións fixeron del o emblema dunha Comarca e fonte inesgotable de inspiración. Esta exposición tenta render homenaxe á súa grandeza, cunha serie de fotografías tomadas desde outro punto de vista, desde as alturas, a vista de dron».  (Antonio Martín)




Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17:00 h a 21:00 h; sábados, 10:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 20:30 h.