32 alumnos de segundo curso de primaria do colexio Princesa de España visitaron esta mañá o Concello de Verín Imprimir
Mércores, 21 Febreiro 2018 18:28

Os alumnos e alumnas foron recibidos polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, quenes lles ensinaron as dependencias municipais. A continuación, o alcalde, respondeulles  a todas as súas preguntas no Salón de Plenos. Esta actividade proposta polo Centro Educativo, complementa os coñecementos que os menores reciben en clase, sobre o Concello e as súas funcións.