O Concello de Verín colabora na campaña solidaria #súmatedoasangue Imprimir
Venres, 23 Febreiro 2018 12:24

O xoves 1 e venres 2  de marzo, a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) estacionará a súa unidade móbil na praza García Barbón, na que todas as persoas de entre 18 e 65 anos que queiran, poderán doar sangue de 16:30 a 21:00 horas.

O Concello de Verín e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

A doazón de sangue e un acto voluntario, altruístas, universal e gratuíto dende 1985, e ano a ano, cada vez son máis persoas que se xuntan a causa. Tantas, que lonxe queda ese 1993 no que Galicia foi a comunidade con menos doantes de España. Grazas a o traballo de ADOS e as persoas participantes no proxecto, centos de hospitais reciben cada día as 400 doazóns de sangue necesarias para facer fronte as actividades asistenciais e urxencias.

As persoas interesadas deben lembrarse de non acudir sen almorzar, e que se o fan despois de xantar esperen dúas horas. É necesario o documento de identidade e imprescindible informar o médico da unidade se toma algún medicamento.

Dende a xerencia de ADOS, queren agradecer de antemán a todas a persoas que ca súa solidariedade axudan a recuperar a saúde a milleiros de persoas.