“El cuaderno de Sara” e “La Abeja Maya: los juegos de la miel” no cinema municipal de Verín Imprimir
Luns, 26 Febreiro 2018 12:58

Durante os días 2, 3 e 4  de marzo, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “El cuaderno de Sara” e “La Abeja Maya: los juegos de la miel” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:





02/03/18

EL CUADERNO DE SARA: 19:30 e 22:00 h

03/03/18

LA ABEJA MAYA: 17:00 h

EL CUADERNO DE SARA: 19:30 e 22:00 h

04/03/18

LA ABEJA MAYA: 17:00 h

EL CUADERNO DE SARA: 19:30 e 22:00 h

 

 Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

 

LA ABEJA MAYA: LOS JUEGOS DE LA MIEL. 81´ APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

A entusiasta abella Maya mete a pata coa Emperatriz de Buzztrópolis e deberá unirse a un equipo de rebeldes insectos para competir nos Xogos do Mel e salvar así á súa Raíña e ás súas compañeiras de panal. ( FILMAFFINITY)

EL CUADERNO DE SARA 115´ NRM 16

Laura busca desde hai anos á súa irmá Sara, desaparecida no medio da selva do  Congo. Nin a ONG para a que traballaba nin a Embaixada tiñan noticias do seu paradoiro... ata que aparece unha foto dun poboado mineiro do leste do  Congo coa imaxe borrosa de Sara. Sen dubidalo un momento, Laura viaxa ata  Kinshasa disposta a adentrarse no territorio dos "Señores da Guerra", deixando atrás as diferenzas que a separaron da súa irmá, e sen sospeitar que esa perigosa aventura levaralle a poñer en perigo a súa propia vida. ( FILMAFFINITY)