A Biblioteca de Verín reabre hoxe o seu servizo de préstamo Imprimir
Luns, 05 Marzo 2018 11:58

Desde hoxe, a Biblioteca Municipal de Verín reabre o seu servizo de préstamo. Así mesmo, os usuarios deberán acudir á instalación municipal para recoller o novo carné de socio.

Os socios que queiran acceder a este servizo terán que ter en conta a nova normativa:

OBTENCIÓN CARNÉ DA BIBLIOTECA:

Cubrindo  unha solicitude e presentala na biblioteca.

É gratuíto, persoal e intransferible.

Os menores de idade, deberán traer a solicitude asinada polo pai/nai ou titor .

Poderase utilizar en tódalas bibliotecas da rede de Galicia.

Os usuarios que teñan o carné anterior, manteñen a súa condición de socio, simplemente terán un novo carné.

 

SERVIZO DE PRÉSTAMO:

Préstamo máximo 5 exemplares por un prazo de 21 días, posibilidade de 1 renovación, senón está reservado e tras 5 días de ser prestado.

En toda a rede de bibliotecas podes levar un total de 20 exemplares.

Lembra que podes levar libros en préstamo doutras Bibliotecas, pero tanto a retirada coma a devolución terás que facela ti na propia Biblioteca da Rede.

 

SANCIÓN:

Ollo, este é un apartado no que si que cambiarán moito as cousas.

No caso de que te pases da data de devolución, serás automaticamente sancionado polo novo programa de xestión: 1 día de suspensión por cada día de atraso.

No caso de reiteradas sancións anteriores aplicarase una sanción maior, que pode rematar na perda do carné de Biblioteca.

 

RENOVACIÓN

Pódese renovar de varias xeitos:

1.         Na mesma biblioteca presentando o teu carné de socio e o libro/s que queres renovar.

2.         Online en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

có teu usuario (n.º de D.N.I. sen letra) e a contrasinal.

Só poderás renovar 1 vez cada exemplar.

Pódese renovar dende o 5º día de préstamo ata a data de vencemento.

Non se renovan exemplares cando están reservados por outros usuarios/as.

Un usuario/a sancionado o cun algún libro sen devolver non pode renovar.

Si xa tes renovado una vez, tes que devolvelo á biblioteca. Trátase dunha medida de control. Senón estivera reservado pódelo levar de novo.

 

RESERVA

Se queres un libro pero está prestado, podes reservalo de distintos xeitos:

1.         Na mesma biblioteca, presentando o teu carné de socio.

2.         Online en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ có teu usuario (n.º de D.N.I. sen letra) e a contrasinal.

 

Tendo en conta:

As reservas que fagas en cada Biblioteca da Rede, tes que recollelas persoalmente na biblioteca en cuestión, no prazo de 3 días ou serán canceladas.

Só podes reservar exemplares que estean prestados, e na nosa biblioteca só poderás reservar un máximo de tres exemplares ao mesmo tempo.