Verín acolle a VIII Carreira-Andaina de Monte “Pozo do Demo” Imprimir
Martes, 06 Marzo 2018 14:56

A casa consistorial verinesa acolleu esta mañá a presentación da VIII Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de marzo, e que está organizada polo Concello de Verín  e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. 

Ao acto, no que se presentaron as dúas probas,  asistiron Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín e concelleiro de Deportes; e Amaya Álvarez, responsable da Asociación da Ruta das Augas.



VIII Andaina 'Pozo do Demo'

- O percorrido desta andaina é de 16 quilómetros, dificultade media, e a saída, ás 10.00 horas, terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada (a entrega de premios e sorteos de agasallos será ás 13.15 horas).

A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender, rodease pola parte traseira ata chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituallamento), para emprender toda a baixada pola zona coñecida como A Fraga, facendo unha ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra. O percorrido estará marcado por cinta  branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán formalizarse, ata o 20 de marzo, presencialmente en nas tenda Multisport Verín e Deportes Redonet (Rúa Ervedelo, Ourense), vía telefónica (600 410 018 e 988414423), así como no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Os datos que se deben facilitar: proba, nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, categoría (só para as carreiras), enderezo completo e código postal, teléfono de contacto, club (nome) ou independente.

Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto para evitar esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola organización.

 VIII Carreira de Monte 'Pozo do Demo'

1. Carreira longa

- A saída desta proba, de 27 quilómetros e dificultade media, terá lugar ás 9:00 horas desde o Balneario de Cabreiroá e a chegada será no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. 

- Categorías das carreiras

  • absoluta 1º 2º 3º máis fem
  • veteranos  +40  1º 2º 3º máis fem
  • senior  25 a 40 años  1º 2º 3º máis fem
  • promesa 18ª 24 años 1º 2º 3º máis fem
  • locales 1º 2º 3º máis fem 

- Características Técnicas:

  • Altitude> Mínima (371 m.) - Máxima (610 metros).
  • Desniveis Acumulados> Subindo (274 metros) - Baixando (283 metros).
  • % Máximo de Subida: +34,4 % (4,46 qm.durante 410 m.).
  • % Máximo de Baixada: -17,9 % (6,40 qm. durante 285 m.).
  • Avituallamento líquido: 5,04 qm a 576 m de altitude.
  • Tipo de Terreo: pistas de terra e monte: 9,93 qm (87,34 % da proba) e asfalto: 1,44 qm    (12,66 % da proba).

A Carreira longa discorre na súa maior parte polo concello de Verín pola zona coñecida como Pozo do Demo e no entorno do Monte Maior con unha altitude de 773m. Na súa primeira parte discorre por sendeiros estreitos rodeado de vexetación sendo esta a parte mais técnica (sobre todo si chove) onde temos que ter coidado de gardar forzas pensando no final, que a pesar de ser xa un terreo mais amable tecnicamente inda nos queda una última subida en constante pendente que fará disfrutar os mais duros. A continuación o xa coñecido descenso polo pinar do Caldeirón, que nos deixa na zona baixa e dende aí xa so nos queda chegar a zona do pavillón onde o Concello de Verín pon a disposición dos

participantes as instalacións deportivas do Pavillón municipal de deportes.

2. Carreira curta

A saída desta proba, de 10 quilómetros e dificultade baixa, terá lugar ás 9:30 horas desde o Balneario de Cabreiroá e a chegada será no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Carreira curta discorre polo percorrido dos últimos anos, saíndo igualmente do balneario de Cabreiroá e chegando a xa coñecida por moitos subida do regato das Canteiras e un descenso polo mesmo pinar ca Carreira longa e compartindo recorrido ata a liña de meta.

As inscricións, para as carreiras de monte (longa e curta), cun prezo de 10 euros, poderán formalizarse ata o 5 de abril, na web www.championchipnorte.com

VIII Andaina – Carreira Pozo do Demo

As recollidas de dorsais, tanto para a andaina como para as carreiras,  pódense realizar o sábado 24 de marzo, durante mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (16:00 a 20:30 horas) no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 9 de abril, desde as 7:30 horas da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Entre os servizos que atoparán os/as participantes IV Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’ atópanse: vestiarios e duchas no Pavillón Municipal de Deportes e Piscina Climatizada, masaxe deportivo gratuíto (en caso de necesitarse por algún contratempo), gardería infantil gratuíta (para fillos/as dos participantes) e avituallamento líquido en carreira e meta.

Con respecto aos premios, ás 13.15 horas, entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo, e un obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos.

Homenaxe a Marcos Cidras

Nesta edición, o equipo organizador do evento rende homenaxe ao corredor Marcos Cidras, quen sufriu lesións medulares o ano pasado tras un accidente laboral. Amaya Álvarez quixo agradecer, en nome da organización, a súa participación na carreira e desexarlle ánimo e forza na súa nova etapa. “A participación de Cidra na nosa carreira foi toda unha honra e esperamos que as dificultades que a vida nos pon inesperadamente no camiño ábranlle  novos retos e novas carreiras. Estamos seguros de que o deporte axudaralle nesta etapa da súa vida”, finalizou Álvarez.

O evento está patrocinado por Augas de Cabreiroá, HortoVerín S.L, Deputación Provincial de Ourense, Gadis e a Denominación de Orixe Monterrei; e colaboran co mesmo Saudeter, Multisport Verín, Redonet, Hi Tec, Coca Cola, Cruz Roja, Cope Verín e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Verín e Vilardevos.