Anxo Lorenzo visita a Biblioteca de #Verín, premiada en 2017 co María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura Imprimir
Martes, 06 Marzo 2018 20:20

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou esta tarde unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Verín, onde tivo ocasión de coñecer as instalacións, os servizos e as principais iniciativas que desenvolve o noso centro bibliotecario.

Acompañado polo alcalde do municipio, Gerardo Seoane Fidalgo, e pola xefa territorial da Consellería de #Cultura#Educación na provincia de Ourense, Luz Fernández Quintas, o secretario xeral interesouse polo proxecto de voluntariado cultural de animación á lectura, polo que a biblioteca foi galardoada en 2017 co Premio María Moliner, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na categoría de mellor proxecto de animación á lectura de municipios entre 5.001 e 20.000 habitantes.

Durante a visita, o secretario xeral tivo ocasión de felicitar algúns dos voluntarios que participan neste proxecto de dinamización do hábito lector.