AEVER busca dinamizar o comercio de Verín organizando o seu campamento urbano. Imprimir
Martes, 31 Xullo 2018 11:50

Hoxe, 31 de xullo, celebrouse a presentación oficial do Campamento Urbano de AEVER 2018 que terá lugar os próximos días 21, 22. 23, 24 de agosto, de 18:00 a 21:00 horas, en Verín. O acto celebrouse na sede de AEVER e contou coa presenza de Diego Lourenzo,  tenente de alcalde de Verín e concelleiro de Mocidade; Santos Álvarez,  presidente de AEVER e Jose Ángel Rodicio, xerente da asociación.

Este conxunto de actividades variadas está organizada pola Asociación de Comerciantes De Verín (AEVER) coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a AEVER poidan facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten no campamento.

Entra as actividades das que disfrutarán os cativos e as cativas encontramos un Rocódromo Xigante de 8 metros, unha ghymkhana fotográfica e outra de obstáculos, un toro mecánico, unsimulador de tablas de surf, festa da escuma, inchables, xogos interactivos...

A idade mínima para participar é de 7 anos e as inscricións faranse o 21 de agosto, ás 16.30 horas nunha carpa que se instalará na Praza do Concello. Para poder participar haberá que conseguir os tickets que se facilitarán coas compras nos establecementos asociados a AEVER. Os prezos serán os seguintes:

-          4 días de campamento: 15 tickets + 5 euros

-          1 día de campamento: 5 tickets + 2 euros