A Biblioteca de Verín acolle una actividade para os nenos e nenas do Programa de Conciliación de Verán de “Portas Abertas” Imprimir
Martes, 31 Xullo 2018 12:55

Hoxe, 31 de xullo, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolleu una xornada de actividades para o Programa de Conciliación de verán do Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas”. Dito programa está enfocado a facilitar a conciliación na vida familiar e laboral en época estival.

Durante as mañás do verán, nenos e nenas de entre 3 e 12 anos disfrutan dunha serie de actividades deportivas, educativas e lúdicas. Nesta ocasión acudiron a visitar a Biblioteca de Verín onde lles ensinaron as instalación, participaron en varias actividades de manualidades e disfrutaron dun contacontos representado por algúns dos voluntarios de Biblioteca.