Verín celebrará o Torneo de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2018. Imprimir
Mércores, 01 Agosto 2018 09:59

Hoxe, 1 de agosto, celebrouse na Casa do Concello de Verín a presentación oficial do Torneo  de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2018. Esta actividade celebrarase os vindeiros días 7, 8 e 9 de agosto na Praza García Barbón.

O torneo estará dividido nas seguintes categorías:

-          Cadete infantil: nados 2003-2004-2005

-          Alevín: nados 2006-2007

-          Benxamín: nados 2008-2009

-          Prebenxamín: nados 2010-2011-2012-2013

A inscrición, de carácter gratuíta, pode realizarse ata o 6 de agosto pola mañá no Complexo Deportivo de A Granxa (Tlf. 988 411 226) e deberá facerse en equipos formados por un mínimo de 3 e un máximo de 5 participantes, podendo ter  compoñentes de ambos os sexos.