O Concello de Verín súmase a Marcha Reivindicativa en defensa do Támega. Imprimir
Mércores, 08 Agosto 2018 09:39

O Concello de Verín súmase á iniciativa da organización ecoloxista “ADEGA- Monterrei. Salvemos o Támega” e apoiará a marcha reivindicativa en defensa do río Támega que se celebrará mañá, 9 de agosto, ás 19.30 horas, en Cerdedelo (Laza).

O percorrido chegará ata as balsas de residuos das obras do AVE, 400 metros nos que se protestará polos danos ambientais desta obra e os seus efectos para o noso río.