O Mago Antón visitará Verín o vindeiro 12 de agosto. Imprimir
Mércores, 08 Agosto 2018 12:00

O vindeiro 12 de agosto, na Preguiza de Verín, o Mago Antón achegaranos a súa nova aventura magomóbil. Os horarios das actuacións serán ás 12.00, ás 13.00, ás 18.00, ás 19.00, ás 20.00 e ás 21.00 horas. As entradas serán de balde.


Faranse un total de 6 actuacións de 50 minutos cun aforo máximo de 70 persoas cada unha, nas que o Mago Antón nos demostrará por qué é un dos máis prestixiosos ilusionistas galegos.

Trátase dun espectáculo concibido para todo tipo de público no que se sucederán una ducia de xogos de maxia da propia creación do artista. Nesta ocasión o Concello de Verín organizou esta actividade dentro de “A Volta a Galicia en 313 Concellos” que está a realizar o artísta. Este proxecto, que conta coa colaboración de AGADIC, Xunta de Galicia e Gadis, pretende acercar a maxia a todos os Concellos de Galicia.