El Guateque de la Década actuará en Verín o vindeiro 11 de agosto. Imprimir
Xoves, 09 Agosto 2018 09:35


O vindeiro sábado 11 de agosto, a partir da 01:45 horas, a Praza García Barbón volverá á época dos guateques da man de El Guateque de la Década e a súa "Gira 2018: Jugando a Recordar". Esta actuación está incluída dentro da programación da XIII Feira do Viño Monterrei.
Trátase dunha agrupación musical dirixida por Carmelo Martínez, unha das voces integrantes iniciais nos anos 80 da Década Prodigiosa, agrupación que obtivo multitude de números 1 nas listas de éxitos e que representou a España no Festival de Eurovisión de 1988 co seu tema “Made in Spain (La chica que yo quiero)”.
Xunto a Carmelo suben ao escenario Silvia Sánchez, Joselo Escribí e Annayss Puertas para ofrecernos un espectáculo basado na fórmula de medleys de éxitos recreando os grandes temas da música pop dos anos 50 , 60, 70 e 80. Será un espectáculo no que repasaremos o cancioneiro daqueles guateques cunha posta en escena actual repleta de cancións de sempre e coregrafías para todos os públicos.