Corenta e cinco menores verineses participan no campamento do albergue “A Vilavella” en A Mezquita Imprimir
Luns, 20 Agosto 2018 12:00

Unha expedición de corenta e cinco menores, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participan dende hoxe luns 20 ata o 26 de agosto no campamento do albergue da estación de ferrocarril de “A Vilavella” en A Mezquita.

Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os cativos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno.

Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora, realizarán, a través do xogo e a diversión, actividades como BTT, xeocaching, tiro con arco, parque multiaventura (rocódromo, tirolinas, pontes tibetanos...), piscina, acampada, rastrexo fotográfico, visitas guiadas e veladas de convivencia.