Verín acolle a segunda edición do Festival Urbano Extruga Street Imprimir
Luns, 27 Agosto 2018 10:50

A.C. LongoDub e o Concello de Verín, presentan a segunda edición Extruga Street, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, situado no espazo deportivo do Skate Park de Verín. O festival, completamente gratuíto, terá lugar o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro. Así o confirmaron está mañá  na casa consistorial verinesa Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Iris Justo e José Ramón García, organizadores do evento.

Segundo destacou Lourenzo, o obxectivo principal do evento é divulgar as alternativas deportivas, artísticas, laborais, etc. propias da cultura urbana, á vez que “involucrar á veciñanza no que é o primeiro festival urbano da comarca”.


Dentro das actividades programadas para o evento é posible diferenciar varios tipos:

 - Actividades culturais: durante a tarde-noite do venres 31 realizarase unha sesión de proxección na que o público poderá  visionar, de maneira  gratuíta, un documental relacionado coa cultura urbana en. Ese mesmo día, pola mañá,  @s  nen@s da ludoteca de Verín gozarán dun taller de graffity da man do artista Javi Rock.

-  Obradoiros: o sábado 1 de setembro, a asociación compostelá  Vella  escola volve a Verín en está segunda edición do festival con máis talleres e exhibicións. Durante toda a xornada  haberá música e un  speaker durante toda a tarde no skatepark.

- Actuacións musicais: desde as 20:30 do sábado, ata as 03:30 horas da madrugada do domingo, os asistentes poderán gozar, totalmente gratis, das actuacións de multitude de artistas locais e nacionais. Segundo confirmaron os organizadores do evento “O maior atractivo a nivel musical é o concerto de  Sr.WilsonThe  Island  Thefenders, que veñen xuntos por primeira vez a Galicia”. Ademais súmanse ao cartel nomees como Ricky Hombre LibreThe  skarnivals ou o colectivo Vigués  Banana Baía  Music, entre outros.


PROGRAMACIÓN

 

Venrnes 31 de agosto

11:00 Obradoiro de Graffity (Ludoteca de Verín)

 

Salón de actos de la Casa da Cultura (R/ Irmáns La Salle, S/N)

21:00 - Proyección documental

 

Sábado 1 de setembro

Skate Park de Verín (entre R/ Canella Cega y R/ San Antón)

Talleres

  • 11:30 -14:00 Taller slackline + exhibición
  • 12:00 – 14:00 Taller de Breakdance
  • 12:00 – 14:00 Taller de dj

14:00- Parada para comer

  • 16:00 – 19:00 Batalla de gall@s
  • 16:00 – 18:00 Sorteos e regalos
  • 18:00 – 18:30 Exhibición Flatland
  • 18:30 – 20:30 Xuntanza Bmx
  • 21:00- Sorteo

 Actuacións musicais

  • 20:30 – Dankhe
  • 21:00 – Z.o.U
  • 21:15– Neiz
  • 22:00 - The lelly kellys
  • 22:45 – R. Hombre Libre
  • 00:00 – Sr.Wilson
  • 01:30 – The Skarnivals
  • 02:30 – Banana Bahía Music