Italia e Creta adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres nun acto no Museo do Claustro Mercedario Imprimir
Xoves, 30 Agosto 2018 11:19

Dous novos países, Italia e Creta, adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres nun acto en Verín, o próximo día 8 de setembro, no contexto do II Foro Internacional desta especialidade que acollerá o Museo Claustro Mercedario na vila do Támega. A comarca verinesa acolle a maior concentración destas pezas arqueolóxicas de España,  un importante recurso turístico cuxo futuro será analizado nestas xornadas.

A mesa redonda, dirixida polo enólogo Luís Paadín e integrada por importantes expertos internacionais sobre os lagares rupestres, abrirá ao público e terá lugar ás 19:00 horas do sábado 8 de setembro, no Salón de Actos do colexio da Mercé.

A mesa redonda abordará “O valor patrimonial, turístico e de identidade dos lagares rupestres”, afondando no valor como recurso destas pezas únicas no mundo da produción do viño, que se atopan dispersas por todo o mundo mediterráneo.

Intervirán  Luís Vicente Elías como presidente da Asociación Lagares Rupestres de España (Doutor en antropoloxía), Augusto Sequira como presidente da Asociación en defensa de los Lagares Rupestres de Portugal, Asunción Martínez vicepresidenta (Doutora en Arqueoloxía) e Julio Grande secretario xeral (Licenciado en Humanidades). Modera Luís Vicente  Elías, e se presentan las dos Asociacións. Logo falará dos aspectos científicos e das  posibilidades enoturísticas.

Tamén se abordarán  as adhesións de Italia e Creta, tras o cal abrirase unha  quenda de preguntas aos asistentes. Ás 19.55 horas, intervirá a directora xeral de Turismo, María Nava Castro, os alcaldes de Verín,  Monterrei, Oimbra e a presidenta da D.O. Monterrei.