O Ministerio de Cultura recibe aos Voluntarios da Biblioteca de Verín Imprimir
Mércores, 05 Setembro 2018 12:06

O vindeiro xoves 6 de setembro, a directora xeral do Libro e Fomento a lectura, Dona Olvido García Valdés e o subdirector, Javier Pascual Echalecu, recibirán no Ministerio de Cultura aos nenos e nenas Voluntarios da Biblioteca do Concello de Verín, para felicitalos persoalmente pola xenerosidade, compromiso, entrega e dedicación, que levan amosando dende fai máis dunha década co seu inestimable traballo.

A expedición estará encabezada pola Concelleira de Cultura, Emilia Somoza Basalo, quen acompañará aos rapaces e o persoal funcionario da Biblioteca, o cal será o responsable de  explicar os pormenores do proxecto  de voluntariado, que está a ser recoñecido incesantemente pola súa innovación e implicación no eido do fomento á lectura.

Así mesmo, o Real Madrid Club de Fútbol, tamén amosou o seu interese polo proxecto da Biblioteca Municipal de Verín e convidou aos Voluntarios e Voluntarias ao seu estadio para realizar una visita guiada, que se celebrará o xoves día 6 pola mañá.