Aviso de confidencialidade da web Verín.es Imprimir

Propiedade intelectual

O Concello de Verín é titular do dominio de internet de segundo nivel: verin.es

Conforme ao establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, os datos de carácter xeral do propietario de dita web son: Ilmo. Concello de Verín con domicilio en: Praza do Concello, 1 - 32600 Verín (OURENSE) -Teléfono: 988.41.00.00.  Fax: 988.41.19.00.

Con esta web preténdese publicitar a actividade do concello e dar acceso ós cidadáns e cidadás á información relativa ás temáticas propias del.

Cláusula de exención de responsabilidade

O Concello de Verín non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O Concello de Verín non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.

O Concello de Verín reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Uso aceptable

O usuario comprométese a utilizar o Sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e o orden público.

Caixas de correo

O Concello de Verín non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso

O Concello de Verín procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 800 x 600 pixels e 1024 x 768 pixels.


Privacidade

A política de privacidade do Concello de Verín baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán/cidadá, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

O presente aviso legal rexiráse e interpretaráse en todo caso dacordo coa lexislación española.