BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.34.2//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-2a50e9c2d6b89b95bcb416d6857f8b45@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241221T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241221T223000
DTSTAMP:20241114T132327Z
CREATED:20241114
LAST-MODIFIED:20241114
PRIORITY:5
SEQUENCE:14
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
DESCRIPTION:\n\nO Auditorio de Verín prepárase para acoller a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre nunha noite máxica de música e emoción. O concerto, que terá lugar o próximo 21 de decembro ás 20:30 horas, será unha oportunidade única para desfrutar en directo do novo traballo deste grupo que leva case unha década dignificando e recuperando a música tradicional galega.\nCon máis de 350 concertos e dez anos de traxectoria, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentan «Axúdame a sentir», o seu cuarto disco en conxunto que convida ao público a recuperar o valor de «sentir», unha palabra que semella perderse na era dixital que vivimos.\n«“Axúdame a sentir” dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar… \nA nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida». Xavier Díaz\nAs entradas están dispoñibles na web oficial www.ataquilla.com ( http://www.ataquilla.com/ ). Colabora, Concello de Verín.\n\n\n
URL:https://www.verin.es/events/concerto-xabier-diaz-adufeiras-de-salitre/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Turismo
LOCATION:Camiño a Balneario de Sousas, 32600, Verín
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2024/11/nova12112024.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
