BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.34.2//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-02b1be0d48924c327124732726097157@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260724T000000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260726T000000
DTSTAMP:20250628T115219Z
RRULE:FREQ=YEARLY
CREATED:20250628
LAST-MODIFIED:20260717
PRIORITY:5
SEQUENCE:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Batucada
DESCRIPTION:\n\n\n\nO Concello de Verín celebrará os vindeiros 24 e 25 de xullo unha nova edición da Festa da Batucada, unha das citas máis consolidadas da programación estival da vila. A programación, presentada esta mañá pola concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, inclúe propostas para todos os públicos nas que a música, a animación e a auga volverán ser as grandes protagonistas.\n\n\n\n\n\nAs actividades arrancarán o venres 24 de xullo co xa tradicional Desfile Infantil da Ludoteca, que dará comezo ás 11:00 horas. Nesta edición, a temática escollida será “o safari”, e no desfile participarán arredor de 400 nenos e nenas da Ludoteca e Campamento Urbán de Verín, das Escolas Deportivas Municipais, do CDR Portas Abertas e da Ludoteca de Cualedro. O percorrido partirá do CEIP Amaro Refojo, fará unha parada na Praza do Concello e rematará na Praza García Barbón, onde os participantes realizarán diferentes coreografías antes de regresar á ludoteca para continuar coa celebración.\n\n\n\nXa pola tarde, entre as 16:30 e as 19:00 horas, a praia fluvial do Támega acollerá unha festa infantil con inchables e animación musical, ofrecendo unha proposta de lecer para que os máis pequenos poidan desfrutar dunha tarde de xogos nunha fermosa contorna natural.\n\n\n\nA programación continuará o sábado 25 de xullo coa tradicional Festa da Escuma e da Auga, que terá lugar na Praza García Barbón entre as 17:00 e as 19:00 horas, amenizada pola música de A Gramola & Friends. Como en edicións anteriores, esta actividade está pensada para que pequenos e maiores poidan refrescarse e gozar dunha das propostas máis concorridas do verán.\n\n\n\nÁs 19:00 horas dará comezo o Desfile da Batucada, que percorrerá as principais rúas do centro urbano con paradas na Praza da Mercé e na rúa Laureano Peláez antes de rematar na rúa Irmáns Moreno, onde se celebrará a tradicional batalla de batucadas. Nesta edición participarán as formacións Vilatuke, de Vilanova dos Infantes (Celanova), e Bloco Trifulka, de Xinzo de Limia, que volverán encher de ritmo e espectáculo as rúas de Verín.\n\n\n\nA xornada concluirá cunha sesión musical na Praza García Barbón, a partir das 23:30 horas, a cargo de Dirty Suc e varios sets DJ, poñendo o broche final a unha fin de semana marcada pola música, a diversión e o ambiente festivo.\n\n\n\nA concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, destacou que «con esta programación queremos que a Batucada continúe sendo unha festa aberta, participativa e familiar, na que tanto a veciñanza como quen nos visita poidan gozar de actividades pensadas para todas as idades e contribuír a crear o excelente ambiente que caracteriza a este evento». Así mesmo, convidou á cidadanía a participar nesta nova edición e a desfrutar dunha fin de semana «na que Verín volverá encherse de música, cor e ritmo de percusión da man dunha das citas máis emblemáticas do verán».\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n \n \n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n
URL:https://www.verin.es/events/batucada-2/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Cultura,Festexos
LOCATION:Rúas de Verín
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/07/noticia_17072026_2_banner.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
