BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.33.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-f6b5f8c32c65fee991049a55dc97d1ce@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260307T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260307T130000
DTSTAMP:20260226T103747Z
CREATED:20260226
LAST-MODIFIED:20260226
PRIORITY:5
SEQUENCE:29
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:O IES Xesús Taboada Chivite celebra o seu 50º aniversario cunha xornada de portas abertas
DESCRIPTION:O IES Xesús Taboada Chivite conmemorará o seu 50º aniversario cunha xornada de portas abertas que terá lugar o vindeiro sábado, 7 de marzo, ás 10:30 horas, nas instalacións do propio centro.\nBaixo o lema “50 anos de aprendizaxe e crecemento”, o instituto abrirá as súas portas á veciñanza nunha cita moi especial coa que quere render homenaxe á súa historia a través das persoas que formaron parte dela ao longo destas cinco décadas.\nA xornada contará coa participación de exalumnos e exalumnas que regresarán ao centro para compartir coa comunidade educativa as súas experiencias vitais e traxectorias profesionais en ámbitos moi diversos, ofrecendo ao alumnado referentes próximos que amosan como a educación e o esforzo constitúen piares fundamentais para a construción do futuro.\nO obxectivo da iniciativa é poñer en valor o papel do IES Xesús Taboada Chivite como espazo de formación, convivencia e oportunidades ao longo de 50 anos, así como reforzar o vínculo entre o centro educativo e a comunidade.\nEsta actividade enmárcase dentro do programa de actos organizado con motivo do 50º aniversario do instituto, unha celebración que busca recoñecer o pasado, fortalecer o presente e mirar cara ao futuro mantendo viva a súa traxectoria educativa en Verín.\n
URL:https://www.verin.es/events/o-ies-xesus-taboada-chivite-celebra-o-seu-50o-aniversario-cunha-xornada-de-portas-abertas/
ORGANIZER;CN=IES Xesús Taboada Chicite:MAILTO:
CATEGORIES:Cultura
LOCATION:IES Xesús Taboada Chicite
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/02/nova25022026_banner.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
