BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.33.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-f40438b554cc0e3d96ee6064c5798f55@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260329T093000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260329T140000
DTSTAMP:20260226T132952Z
CREATED:20260226
LAST-MODIFIED:20260226
PRIORITY:5
SEQUENCE:32
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Trail Pozo do Demo
DESCRIPTION:A saída terá lugar ás 9:30 horas desde o Balneario de Cabreiroá. A proba contará cun percorrido de 15 quilómetros e un desnivel positivo acumulado de 600 metros combinando tramos técnicos, zonas de monte e paraxes de gran atractivo paisaxístico na contorna do Pozo do Demo e do Monte Maior.\nO Trail Pozo do Demo preséntase como unha proposta deportiva esixente pero accesible para persoas afeccionadas ao trail running que buscan un reto deportivo nun entorno natural privilexiado. A recuperación desta carreira supón tamén a continuidade dunha proba con identidade propia, fortemente vinculada ao territorio e á práctica deportiva popular na comarca.\nO prezo de inscrición para o trail é de 15 euros. Ademais, as persoas participantes que o desexen poderán sumarse á comida posterior en restaurante por un importe tamén de 15 euros, fomentando así a convivencia e o ambiente de comunidade arredor da proba.\nAs inscricións poden realizarse online a través das plataformas Sportmaniacs e Saudeter, así como mediante o código QR habilitado no cartel oficial do evento.\nO Trail Pozo do Demo está organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas e conta co apoio de numerosas entidades e empresas colaboradoras, nunha mostra de cooperación entre administración pública, tecido asociativo e iniciativa privada para impulsar eventos deportivos de calidade.\nEntre elas atópanse firmas e entidades do ámbito privado como Comartin, Revestimientos y Fachadas Javier Yañez Dos Santos, GADIS, Cabreiroá, Enredo, KTORCE ou RC Training, así como o apoio institucional do Concello de Vilardevós, a participación dos dispositivos de seguridade de Protección Civil Verín e Protección Civil Vilardevós, e a implicación do tecido empresarial local a través de AEVER, configurando unha rede de cooperación que fai posible a recuperación da proba.\nA carreira consolídase así como unha oportunidade para combinar deporte, natureza e promoción turística de proximidade, convidando tanto á veciñanza como a participantes doutros puntos a descubrir a riqueza paisaxística do municipio a través dunha experiencia deportiva singular.\nAndaina popular\nDe maneira paralela ao trail, celebrarase tamén a tradicional andaina popular, pensada para todos os públicos e cun carácter máis participativo e non competitivo.\nAs inscricións para a andaina poderán realizarse de xeito presencial en Multisport Verín, ata o 25 de marzo. Esta modalidade continúa a ser un dos piares do evento, ofrecendo unha alternativa saudable e accesible para gozar do monte e do entorno natural en comunidade.\n
URL:https://www.verin.es/events/trail-pozo-do-demo/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Deportes
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/02/nova26022026_interior1.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
