BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.34.2//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-c922de9e01cba8a4684f6c3471130e4c@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260326T210000
DTSTAMP:20260324T211753Z
CREATED:20260324
LAST-MODIFIED:20260324
PRIORITY:5
SEQUENCE:29
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Presentación da novela “O Pazo das Marismas”, de Alberte Blanco Casal
DESCRIPTION:O vindeiro 26 de marzo, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación de O Pazo das Marismas, nova novela de Alberte Blanco Casal, finalista do XLII Premio Xerais de Novela. O acto, organizado pola Biblioteca Municipal de Verín, destaca ademais pola participación no xurado deste certame da propia biblioteca, representada por Aurora Prieto Tarrío.\nSinopse: Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes. Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.\nAlberte Blanco Casal, (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951) é escritor, enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario. Colabora coa revista Grial e coa publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves (Portugal). Foi columnista do xornal Nós Diario ata xaneiro de 2024, onde segue como colaborador. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva Os incendios forestais en Galicia (2006). En 2015 publicou a obra de investigación O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930 e en 2017 participou como relator e coordinador na obra colectiva O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?. En 2019 publicou Memorias da brétema, un libro de investigación histórica, crónicas e memorias de infancia e adolescencia, e dous anos despois, Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (Xerais, 2021). En 2023 participa como relator na obra Diario de José Casal e en 2024 participa tamén nunha obra colectiva sobre o 150 aniversario do camiño de ferro en Galicia, promovida pola Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril. Como narrador literario publicou as novelas Arcadia. Os gardiáns do segredo (2013); O Códice esmeralda (Xerais, 2017, finalista do Premio Xerais de Novela en 2015); A soidade do inquisidor (Xerais, 2024) e O Pazo das Marismas (Xerais, 2026, finalista do Premio Xerais de Novela 2025).\n
URL:https://www.verin.es/events/presentacion-da-novela-o-pazo-das-marismas-de-alberte-blanco-casal/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Cultura
LOCATION:Salón de Actos da Casa da Cultura
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/03/nova24032026_2_banner.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
